Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 6 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Barazal, Outeiro ou Cerdeiriñas e Os Diestros a favor dos veciños de Paizás, Pazos, Tuño, O Rial e Pereira, na parroquia de Paizás, no concello de Ramirás (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 13 de marzo de 2019, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Barazal, Outeiro ou Cerdeiriñas e Os Diestros a favor dos veciños de Paizás, Pazos, Tuño, O Rial e Pereira, na parroquia de Paizás, no concello de Ramirás (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 20 de xullo de 2018, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Enrique Alonso Vilanova, en que solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Barazal, Outeiro ou Cerdeiriñas e Os Diestros.

Segundo. Con data do 21 de febreiro de 2018, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Barazal, Outeiro ou Cerdeiriñas e Os Diestros.

Superficie: 38.888 m2, segundo datos catastrais, e 39.247 m2, segundo os informes achegados coa solicitude.

Pertenza: veciños de Paizás, Pazos, Tuño, O Rial e Pereira (O Rial non figura no nomenclator).

Parroquia: Paizás (San Salvador).

Concello: Ramirás.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen os tres coutos redondos seguintes:

Predio nº 1. Barazal:

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Sup. catastral

Sup. medición

Ramirás

503

1772

32069A503017720000DI

12.409 m2

12.387,08 m2

Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

9019

Pista da parcelaria

Leste

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

1768

Descoñecido

Sur

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

9018

Pista da parcelaria

Oeste

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

1773

Descoñecido

b) Perímetro interior (encravados): non existen.

Predio nº 2. Outeiro ou Cerdeiriñas:

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Sup. catastral

Sup. medición

Ramirás

503

1800

32069A503018000000DD

20.655 m2

-

2129

32069A503021290000DD

5.339 m2

-

Superficie total

25.994 m2

26.370 m2*

* A medición inclúe o terreo dunha condución de auga para regadío que discorre entre estas parcelas catastrais, que corresponde cunha parte da parcela catastral 9018 do polígono 503. Este terreo non se inclúe na clasificación por non figurar expresamente na solicitude esta parcela catastral.

Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste)

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

2130

Descoñecido

1801

Descoñecido

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur)

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

1799

Concepción Martínez Feijóo

1796

Manuel Martínez González

1795

José Benito Pérez López

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste)

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

1790

Descoñecido

1787

Mª Ángeles Feijóo Méndez

2128

Descoñecido

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte)

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

9018

Camiño

b) Perímetro interior (encravados): non existen.

Predio nº 3. Os Diestros:

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Sup. catastral

Sup. medición

Ramirás

503

1290

32069A503012900000DR

485 m2

490,05 m2

Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste)

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

000200500NG86G0001PP

-

503

1291

Mª Purificación Méndez Gayo

Leste e sur

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

9018

Estrada local

Oeste

Concello

Polígono

Parcela

Titular (segundo os datos da solicitude)

Ramirás

503

9005

Estrada local

b) Perímetro interior (encravados):

Concello

Ref. catastral da parcela

Sup. catastral

Ramirás

000200600NG86G0001LP

3 m2

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento ós veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Barazal, Outeiro ou Cerdeiriñas e Os Diestros a favor dos veciños de Paizás, Pazos, Tuño, O Rial e Pereira, na parroquia de Paizás, no concello de Ramirás (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 6 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense