A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de marzo de 2019, adoptou, entre outros, o Acordo 11/176 de modificación da oferta de emprego público do ano 2018 do Concello de Lugo segundo o disposto na disposición adicional centésimo sesaxésimo quinta, taxa adicional de reposición da policía local, polo que se acorda:
«Ampliar a oferta de emprego público do Concello de Lugo para o ano 2018, segundo o previsto na disposición adicional centésimo sesaxésimo quinta, taxa adicional de reposición da policía local coas seguintes prazas:
14 prazas na categoría de policía, Administración especial, escala básica, categoría policía, grupo C1. 6 prazas por oposición libre, 4 prazas mediante o procedemento especial de acceso previsto na Orden do 7 de febreiro e 4 prazas mediante concurso de mobilidade e, alternativamente, no caso de non cubrirse, mediante o procedemento previsto na Lei de coordinación da Policía Local de Galicia.
6 prazas na categoría de oficial, Administración especial, escala básica, categoría oficial, grupo C1. 4 prazas por promoción interna e 2 prazas mediante concurso de mobilidade e, alternativamente, no caso de non cubrirse, mediante o procedemento previsto na Lei de coordinación da Policía Local de Galicia.
6 prazas na categoría de inspector, Administración especial, escala executiva, categoría inspector, grupo A2. 3 prazas por promoción interna e 3 prazas mediante concurso de mobilidade e, alternativamente, no caso de non cubrirse, mediante o procedemento previsto na Lei de coordinación da Policía Local de Galicia».
Lugo, 13 de maio de 2019
A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016,
modificado polo Decreto 18003431, do 26.4.2018)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal