Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Outonil, Noia.

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía 2019-1419 na data 27 de maio o estudo de detalle redactado de oficio por Monteoliva Arquitectura, SLP denominado Estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa Outonil, Noia, que ten por obxecto reaxustar as aliñacións e rasantes do tramo da rúa Outonil próximo ao encontro coa rúa Coruña.

En cumprimento da Resolución da Alcaldía nº 2019-1419 de data 27 de maio de 2019 e do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (https://noia.sedelectronica.gal/).

A aprobación inicial do estudo de detalle implica a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Noia, 30 de maio de 2019

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde