Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 268/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 268/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ernesto Turiel Freire contra a empresa Monsial, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 31 de maio de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 268/2017, en que son parte, como demandante, Ernesto Turiel Freire, asistido polo letrado José Daniel Pérez López, e, como demandada, Monsial, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante, Ernesto Turiel Freire, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Monsial, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 10.100,35 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para impugnar.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Para que sirva de notificación en legal forma a Monsial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza