Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 4087/2019 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, do recurso contencioso-administrativo contra o Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

En cumprimento da Resolución do 7 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse a cantos aparezan como interesados no procedemento de aprobación do Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia número 34, do 18 de febreiro de 2019, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 4087/2019, no cal se recorre pola empresa Casitas en la Playa, S.L., Antonio Escudero Feijoo e Carlos Patiño Reboiras, contra a resolución administrativa deste expediente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural