Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícase á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Expediente: RL 2019/0154-4.
Acta: I362018000096868.
Empresa: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.
Enderezo: lugar Lanzada, nº 65; O Grove.
Materia: relacións laborais.
Preceptos infrinxidos: artigo 15.5 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
Preceptos sancionadores: artigos 5.1, 7.2, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data resolución: 2.5.2019
Resolución: multa de 1.250 €.
Vigo, 10 de xuño de 2019
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo