Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común (MVMC) Montes Baixos de Robledo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) da parroquia de Robledo, no concello de Carballeda de Valdeorras.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento parcial do MVMC Montes Baixos de Robledo con propiedades particulares, presentada o 7 de novembro de 2017 pola CMVMC da parroquia de Robledo. Esta proposta de deslindamento afecta ao perímetro estremeiro deste MVMC cos terreos propiedade das mercantís Proinor, S.A. e Cufica, S.A.

O día 20 de xullo de 2018 a comunidade presentou documentación na que consta o acordo da asemblea xeral do 14 de xullo de 2018 da súa aprobación.

O día 5 de setembro de 2018, o Servizo de Montes de Ourense emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios estremeiros.

Durante este prazo, o plano topográfico e a demais documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Ourense, na rúa Villaamil y Castro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.

Ourense, 7 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense