Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29964

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Grupo de Electromedicina, convocado mediante Resolución do 18 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio).

Convocada mediante Resolución do 18 de abril de 2018 (DOG núm. 91, do 14 de maio) a provisión dun posto de xefe/a do Grupo de Electromedicina, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Grupo de Electromedicina, convocado mediante Resolución do 18 de abril de 2018 (DOG núm. 91, do 14 de maio).

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 6 de xuño de 2019

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Grupo de Electromedicina.

Nome e apelidos: Carlos Rey Regueiro.

DNI (*): ***4514**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.