Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29962

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario.

Mediante Resolución do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 88, do 22 de maio), convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario, do nivel asistencial de atención primaria.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Procesos sen Ingreso e Urxencias, ao que se fai referencia na base quinta, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estructura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario do nivel asistencial de atención primaria, anunciado por Resolución do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 88, do 22 de maio).

Segundo. Nomear no posto a persoa que se cita no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesta situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 5 de xuño de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe de servizo.

Servizo de Atención Primaria: Allariz.

Nome e apelidos: Luis Antonio González Rodríguez.

DNI: (*): ***3191**.