Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de xuño de 2019 pola que se notifica o tramite de audiencia do expediente de reclamación patrimonial con referencia 23/18.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, notifícase a José Luís Piñeiro Patiño , con DNI ***9666**, o tramite de audiencia, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, procedemento administrativo común das administracións publicas, de expediente de reclamación patrimonial presentada por danos no seu vehículo no porto de Bueu, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito en Costa de Figueirón, nº 2, Beluso, 36939 Bueu (Pontevedra).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A vista de que estamos ante unha reclamación iniciada a instancia do interesado, de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, notifícase o tramite de audiencia do expediente de reclamación patrimonial para poder presentar as alegacións e as xustificacións que estime oportunos.

O expediente completo atopase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é o Consello de Administracion da entidade publica empresarial Portos de Galicia.

De acordo co artigo 21.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións publicas, o prazo de resolución do presente expediente é de seis meses, transcorrido o cal, sen que recaera resolución expresa, poderá entender desestimada a solicitude de indemnización, segundo o previsto no artigo 24.1, parágrafo segundo desta lei.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 42 e 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións publicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2019

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia