Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29582

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2019/20, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 11 de xuño de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 27970, anexo I, na táboa correspondente ao 2º curso da ESO, na cal se recollen as materias e horas correspondentes a cada unha das materias, onde di: «Tecnoloxía 2 horas. Segunda Lingua Estranxeira 3 horas»; debe dicir: «Tecnoloxía 3 horas. Segunda Lingua Estranxeira 2 horas».

Na páxina 27971, na táboa correspondente ao 3º curso da ESO, onde di: «Educación Plástica e Visual»; debe dicir: Educación Plástica, Visual e Audiovisual».