Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29583

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 28 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018 (DOG núm. 50, do 12 de marzo), dáselles publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no terceiro cuadrimestre de 2018 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Título do convenio

Data da

sinatura

Importe

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade La Región, S.L.

7.1.2019

22.065,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade Editorial Compostela, S.A.

7.1.2019

16.873,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A.

7.1.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

7.1.2019

149.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade La Opinión A Coruña, S.L.U.

7.1.2019

9.086,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade Faro de Vigo, S.A.U.

7.1.2019

69.048,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

7.1.2019

25.179,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade Editorial Capital, S.L.U. El Ideal Gallego.

7.1.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade Editorial Capital, S.L.U. Diario de Ferrol.

7.1.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade Editorial Capital, S.L.U. Diario de Arousa.

7.1.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U.

7.1.2019

10.124,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para a realización da fase de prácticum do máster interuniversitario en investigación e Innovación en didácticas específicas para a educación infantil e primaria.

15.1.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade da Coruña para o impulso do bacharelato de excelencia Stem (Stembach) no marco da Estratexia Galega de Educación Dixital 2020 (Edudixital 2020).

11.2.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o impulso do bacharelato de excelencia Stem (Stembach) no marco da Estratexia galega de educación dixital 2020 (Edudixital 2020).

11.2.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Santiago para o impulso do bacharelato de excelencia Stem (Stembach) no marco da Estratexia galega de educación dixital 2020 (Edudixital 2020).

14.2.2019

0,00 €

Protocolo entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a empresa Navantia, a Confederación de Empresarios Ferrolterra, a Asociación de Empresarios Ferrolterra, o Clúster do Naval Galego, a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia, a Asociación de Empresas del Sector Naval Público de la Ría de Ferrol e a Asociación de Empresas Siderometalúrxicas da Coruña, para o fomento da formación profesional dual nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

19.2.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e as empresas Roomleader, S.L. e IGM WEB, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.2.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as empresas Hotusa Hotel, S.A. e Restel, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.2.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a empresa Citadel, S.L.U., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.2.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a empresa Inversiones Hosteleras de Galicia, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.2.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e varias empresas, en materia de formación profesional dual.

21.2.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e varias empresas para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

25.2.2019

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade Faragulla empresarial, S.L., en materia de formación profesional dual.

27.2.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Deputación Provincial de Ourense, para a creación dun centro galego de innovación da formación profesional en Ourense.

1.3.2019

3.400.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a empresa Intacta Gestión Ambiental, S.L. sobre a promoción das ensinanzas de formación profesional da familia Química.

7.3.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Universidade Carlos III de Madrid, a Fundación Francisco Giner de los Ríos-Institución Libre de Ensinanza e a Fundación Estudo.

25.3.2019

0,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e as fundacións María José Jove e Ingada para a difusión e fomento, entre o profesorado dos centros educativos de educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional dun programa de formación para o tratamento do alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividade.

29.3.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para o desenvolvemento conxunto do programa Naturacción.

2.4.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, o Real Aeroclub de Lugo, e a empresa Actividades Aeronáuticas Lucenses, S.L., para instalación dunha aula-taller prefabricada e desmontable e o seu destino educativo, no Aeródromo de Rozas (Lugo).

2.4.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades, para a organización do XXIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario.

3.4.2019

12.610,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Unicef-Comité Español a través de Unicef Comité Autonómico de Galicia para a promoción e difusión dos dereitos da infancia e a cidadanía global nos centros educativos da Comundade Autónoma de Galicia.

15.4.2019

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento e sustentabilidade do desenvolvemento e evolución de varios sistemas de información do ámbito educativo no eido de centros e da inspección, avaliación e calidade do sistema educativo.

17.4.2019

1.446.000,00 €

ANEXO II

Título

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Botín, para a implantación do programa de Educación Responsable.

28.9.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña, o concello da Coruña e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sobre o acondicionamento e definición da xestión do edificio Normal.

21.11.2018

5.000,00 €