Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29624

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1282/2017).

Eu, Marta Yanguas Del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1282/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Victoria Martínez Teijeira contra Cotemac, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento nº 1282/2017.

Demandante: Victoria Martínez Teijeira.

Letrado: Sr. Quintáns López.

Demandado: Cotemac, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza nº 270/2019.

A Coruña, 14 de maio de 2019.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Victoria Martínez Teijeira fronte a Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 61.065,10 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que aboe á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 64,80 euros/día, o que dá a cantidade de 36.547,20 euros.

O Fogasa deberase ater ao resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade, cando proceda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido este anuncio para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza