Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a varias instalacións eléctricas no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2019/13-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Pedro Tizón Barro, colexiado nº 3270 Coeticor, Ourense o día 21.3.2019, con declaración asinada dixitalmente polo citado técnico o 26.3.2019.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS rúa Galicia, s/n (recuamento N-536 das liñas BDV719, BDV709, BDV703).

Situación: concello do Barco de Valdeorras.

Características técnicas:

– Recuamento BDV719: LMTS en condutor RHZ1 1×240 mm2 Al a 15 kV , de 77 m de lonxitude, con orixe no punto A do plano de manobras eléctricas e final no punto B do plano de manobras eléctricas.

– Recuamento BDV709: LMTS en condutor RHZ1 1×240 mm2 Al a 15 kV, de 77 m de lonxitude, con orixe no punto A do plano de manobras eléctricas e final no punto B do plano de manobras eléctricas.

– Recuamento BDV703: LMTS en condutor RHZ1 1×240 mm2 Al a 15 kV, de 77 m de lonxitude, con orixe no punto A do plano de manobras eléctricas e final no punto B do plano de manobras eléctricas.

– Orzamento: 9.782,50 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, no seu caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, de ser o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere conforme a dereito.

Ourense, 28 de maio de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense