Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 18 de xuño de 2019 Páx. 29189

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 885/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DSP 885/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Brión Collazo contra José Ramón Collazo Yáñez, sobre despedimento-DSP 885/2018, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

Elena Curros Calleja, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 885/2018, por instancia de Cristina Brión Collazo, contra José Ramón Collazo Yáñez e Fogasa, en nome do rei, pronunciou a seguinte

Resolución

Estimo a demanda sobre despedimento formulada pola parte demandante contra Collazo Yáñez, José Ramón e, en consecuencia:

Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, efectuado con data 30.9.2018, con condena á empresa demandada a readmitir inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Ramón Collazo Yáñez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza