Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (826/2018).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber aue no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 826/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Trinidad Hernández Jiménez contra Iñas e Mera, S.L., Catalina Georgia Iliceanu sobre despedimento, foi ditada resolución do 16.5.2019 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Iñas e Mera, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza