Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 4 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre notificación de emprazamento aos interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4239/2016, da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ante a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, María Isabel Cotelo Recarey interpuxo recurso contencioso-administrativo no procedemento ordinario 4239/2016, contra a Orde do 4 de febreiro de 2016 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (A Coruña), e a citada sala solicitou o emprazamento de varios titulares catastrais.

Tentada a notificación individualizada do emprazamento aos interesados, non foi posible efectuala aos seguintes interesados:

Dolores Iglesias Antelo

Nelson José Cotelo Lista

Manuel Rodo Rodríguez

Herdeiros de Carmen Patiño Castiñeiras

Arminda Fernández Sánchez

María Pilar Añón Cruz

Segundo Evaristo Núñez Hermida

José Ramón Loureiro Blanco

Socorro Blanco Naya

Ramón Cambón Regueira

Baldomero Cotelo

María Mar Felípez Lafuente

Miguel Vecino Rodríguez

José Felípez Rabuñal

Santiago Reimúndez Vázquez

Elisa Ferreiro Pose

Herdeiros de José Lantes Felípez

Manuel Blanco Naya

Consonte o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícase o citado emprazamento en cumprimento do disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa para que, se é o caso, poidan comparecer e presentarse nos autos ante o órgano xudicial no prazo de nove días.

Así mesmo, a presente publicación producirá efectos de notificación do emprazamento a quen resulte descoñecido e nos casos sinalados no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo