Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o plan de restauración da concesión de explotación de recursos da sección C) denominada San Antonio V-4 número 5736.4, situada nos termos municipais de Friol e Guitiriz.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o plan de restauración da concesión de explotación de recursos da sección C) denominada San Atonio V-4, nº 5736.4, situada nos termos municipais de Friol e Guitiriz, da provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración está ao dispor do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 24 de abril de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo