Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de maio de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-313, treito Pardavila-Cadro, puntos quilométricos 3+330-4+130, de clave PO/17/057.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 2 de novembro de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Estratexia en materia de mobilidade alternativa na comarca do Morrazo e concellos limítrofes, onde unha das sendas propostas era unha senda na PO-313, que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo de fomento da mobilidade sustentable. Senda na PO-313. Treito: Pardavila-Cadro. Puntos quilométricos 3+330-4+130, de clave PO/17/057.06.

O obxecto do proxecto é a xustificación e definición das obras de construción dunha senda de uso peonil e ciclista pola marxe esquerda da estrada PO-313, no treito comprendido entre os pp.qq. 3+330-4+130, no concello de Marín.

A senda proxectada consta dun pavimento de formigón coloreado, limitado exteriormente por un bordo de formigón de 22 cm de ancho, e cun ancho mínimo de 1,8 m, pero variable en función da dispoñibilidade de espazo. A elevación con respecto á rasante da calzada será de 3 cm.

Ademais da execución da propia senda, realizaranse unha serie de actuacións complementarias, como son:

– O acondicionamento da marxe da estrada entre os pp.qq 3+835 e 3+865, que non dispón na actualidade de ningún tipo de pavimento, coa disposición dunha sección completa de firme.

– O traslado do cruceiro sito no p.q. 3+350 da marxe esquerda da estrada, aproximadamente, coa finalidade de acadar un ancho mínimo na senda que permita cumprir a normativa de accesibilidade.

– O traslado da marquesiña existente no p.q 3+440, coa finalidade de dispor do espazo suficiente para albergar o ancho mínimo da senda, así como o espazo suficiente para que os autobuses se deteñan con seguridade.

– Relocalización dos elementos urbanos existentes na contorna do p.q. 3+525, instalación dunha marquesiña no p.q. 3+950 (marxe esquerda), reposición da rede de drenaxe e servizos afectados, recuamento dos sinais verticais afectados pola construción da senda e reposición da sinalización horizontal.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra), na Casa do Concello de Marín (avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (http://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relacion de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Fomento da mobilidade sustentable. Senda na PO-313. Treito: Pardavila-Cadro

P.q. 3+330-4+130

Clave: PO/17/057.06

Concello de Marín.

Listaxe de parcelas afectadas de forma definitiva

Ref. catastral

Titular

Tipo terreo

Clasif. urbanística

Sup. afectada (m²)

Bens afectados

1

36026A01400382

Loira Calvar, Manuel

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

59

Edificación (34,00 m²). Superficie total que se vai demoler é 67 m². Considérase afección a parte non incluída no dominio público viario.

2

36026A01400029

Chapela Pose, Mercedes

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

2

3

36026A01400371

Chapela Pose, Mercedes

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

4

Peche de postes de formigón e arame (6 m²).

4

36026A01400370

Piñeiro García, Amelia

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

4

5

36026A01400023

García Souto, Josefa

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

10

6

36026A01400365

García Souto, Josefa

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

21

7

36026A01400022

Loira Calvar, Manuel

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

3

----

9

36026A01300162

Com. Montes Veciñais Sto. Tomé de Piñeiro

Rústico

Solo rústico de protección de infraestruturas con plan especial

32

----

Listaxe de parcelas afectadas temporalmente

Ref. catastral

Titular

Tipo terreo

Clasif. urbanística

Sup. afectada (m²)

Bens afectados

8

C20608700NG29A

García Piñeiro, Dionisio

Urbano

Residencial

16

Edificación (16 m²).

Superficie total que se vai demoler 28 m².
Considérase afección a parte non incluída no dominio público viario.