De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno a xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 3 de xuño de 2019
Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
LU-14/2018 |
33335081P |
Resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda. |
LU-38/2018 |
06930656C |
Resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda. |