Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28382

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Narón.

Convocada por Resolución LD-01/2019, do 21 de febreiro (DOG nº 50, do 12 de marzo), a provisión dun posto de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Narón, polo sistema de libre designación, esta xerencia de xestión integrada, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, de 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde de 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol; Orde do 28 de setembro de 2011, polo que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol e deléganse competencias nos seus órganos directivos e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Narón, realizada mediante Resolución LD-01/2019, do 21 de febreiro (DOG nº 50, do 12 de marzo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, á persoa relacionada no anexo a presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a pesoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 9 de maio de 2019

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Narón.

Nome e apelidos: Julia Leira Vivero.

DNI: ***3914**.