Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28162

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de maio de 2019 pola que se publica a oferta de emprego público de estabilización de prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2019.

Advertido un erro no anexo (Oferta estabilización) da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 105, do mércores 5 de xuño de 2019, a Reitoría da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, resolve que se publique a seguinte corrección:

Onde di:

Escala

Subescala

Subgrupo

Nº de prazas

Escala técnica de grao medio

Microscopía

A2

1

Debe dicir:

Escala

Subescala

Subgrupo

Nº de prazas

Escala técnica superior

Microscopía

A1

1