A Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.
O primeiro exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 14 de abril de 2019.
Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en vinte días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda