Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28101

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de aviso de xestión de biomasa.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece, no seu artigo 22.1, o que segue:

«As persoas que resulten responsables conforme o artigo 21 ter procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, se for o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano (…).

A xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas realizarase conforme os criterios establecidos mediante orde da consellería competente en materia forestal».

Esta administración puido constatar o que segue:

– Na parcela con referencia catastral 15036A028000390000YW, situada na estrada de Cabanas, Limodre, incúmprese o artigo 21 da Ley 3/2007 pola existencia de maleza e árbores sen cumprir as distancias estipuladas con respecto a solo urbano, segundo constata o informe da Policía Municipal do 10 de febreiro de 2019.

– A sede electrónica do catastro sinala como propietaria a Milagros Sanmartín SS, pero non ofrece datos que fagan posible obter un domicilio para efectos de notificacións.

En virtude do que antecede, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de 15 días naturais para xestionar a biomasa na parcela con referencia catastral 15036A028000390000YW situada na estrada de Cabanas, Limodre, segundo os criterios establecidos na Orde da Consellería do Medio Rural, do 31 de xullo de 2007, pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal, de tal modo que, nunha franxa de 50 metros arredor de solo urbano, non poderá haber maleza nin as árbores indicadas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen perxuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 € segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Ademais, advírteselle que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21 ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, confome o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.

Fene, 20 de maio de 2019

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde