Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 11/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 11/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Mosquera Barreiro contra Hierros Touriño Santiago, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución

Estímase integramente a demanda presentada pola parte demandante fronte a Hierros Touriño Santiago, S.A., e condénase a demandada ao aboamento de 95,67 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hierros Touriño Santiago, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no diario oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza