Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28054

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (137/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 137/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Casal Senín, foi ditada a seguinte resolución:

«Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, tendo visto o presente procedemento ordinario 137/2017 por instancia de Verónica Casal Senín, contra José Manuel Sande Peón, en nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido:

Estimar integramente a demanda presentada por la parte demandada contra José Manuel Sande Peón e condenar a demandada ao aboamento de 4.103,13 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Sande Peón, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza