Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2019 pola que se aproba inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo, e se acorda o inicio do expediente.

1. O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 7 de xuño de 2018 declarar o proxecto sectorial para a ampliación do Hospital Gran Montecelo como de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e atribuíu á Consellería de Sanidade o seu impulso e tramitación, establecéndose como sistema de actuación o de expropiación.

2. Mediante a Resolución do 9 de xaneiro de 2019 da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 10, do 15 de xaneiro), someteuse a información pública o proxecto sectorial para a ampliación do Hospital Gran Montecelo, incluído o seu estudo ambiental estratéxico, promovido por este organismo e declarado como de incidencia supramunicipal polo antes citado acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xuño de 2018.

3. A aprobación definitiva do indicado proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo implicará a utilidade pública ou interese social das obras, instalacións e servizos proxectados, así como a necesidade de ocupación para os efectos de expropiación, dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial, tal e como establece a disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro.

4. Para a expropiación dos terreos pola Consellería de Sanidade redactouse o correspondente proxecto de expropiación, que se tramitará polo procedemento de taxación conxunta de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 291 a 293 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, e que conten a descrición dos terreos, a súa valoración así como a relación das persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

5. A adquisición dos terreos será realizada pola Consellería de Sanidade, como órgano dunha administración territorial, polo sistema de expropiación, sendo o Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, o beneficiario da expropiación, coas consecuencias legais derivadas destas posicións xurídicas.

En virtude dos ditos antecedentes, e de conformidade co establecido nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

RESOLVO:

Primeiro. A aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta de acordo co previsto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Gran Montecelo.

Segundo. Someter o proxecto a exposición pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tirada da provincia, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens ou dereitos. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas nas dependencias desta Consellería de Sanidade, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para estes efectos o proxecto estará exposto nas dependencias da Subdirección Xeral de Investimentos do Servizo Galego de Saúde, no Edificio Administrativo San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela.

Para os efectos do recoñecemento da titularidade dos bens e dereitos afectados e ao pagamento no seu momento do xustiprezo aprobado, as persoas propietarias e titulares de dereitos deberán achegar os documentos ou títulos xustificativos completados coa súa certificación rexistral ou, se for o caso, certificación negativa referida ao mesmo predio descrito nos títulos.

Terceiro. Notificar individualmente as taxacións ás persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación.

Cuarto. Dar audiencia ao Concello de Pontevedra por igual prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Relación de propietarios e bens afectados

EX.

Ref. catastral

Titular

DNI

UDs.

Concepto

36900A124002910000PE

José Iglesias Iglesias

806,85

Solo rústico (m²) uso agrícola

28,94

Solo de núcleo rural (m²)

36900A124002900000PJ

35215932V

605,30

Solo rústico (m²) uso agrícola

35,51

Solo de núcleo rural (m²)

15,00

Muro de pedra (m²)

36900A124002890000PS 

35215932V 

611,39

Solo rústico (m²) uso agrícola

34,88

Solo de núcleo rural (m²)

15,00

Muro de pedra (m²)

36900A124002880000PE 

Atilano Hdros.

García Pereira 

582,00

Solo rústico (m²) uso agrícola

154,42

Solo de núcleo rural (m²)

5

36900A124002650000PA

35195719S 

754,40

Solo rústico (m²) uso agrícola

163,66

Solo de núcleo rural (m²)

36900A124002640000PW

35195719S

1.370,72

Solo rústico (m²) uso agrícola

489,56

Solo de núcleo rural (m²)

7

36900A124002630000PH

Emilia Ángela Martínez

Boullosa

450,89

Solo rústico (m²) uso agrícola

8

36900A124002620000PU

35305466Y

138,92

Solo rústico (m²) uso agrícola

315,58

Solo de núcleo rural (m²)

9

36900A124002610000PZ

76820770B

1.342,24

Solo rústico (m²) uso agrícola

724,99

Solo de núcleo rural (m²)

190,00

Muro de pedra perimetral con porta incluída

98,00

Soleira de acceso

10

36900A124003050000PT

44081509P

44077893A

404,89

Solo rústico (m²) uso industrial

171,92

Solo de núcleo rural (m²)

13,00

Escolleira

7,00

Muro de formigón

441,00

Explanación

9,00

Portal acceso

11

36900A124003490000PJ

44081509P

44077893A

478,52

Solo rústico (m²) uso industrial

14,00

Portal acceso

13,00

Escolleira

679,00

Explanación

12

36900A124003060000PF

 

44081509P

44077893A

244,61

Solo rústico (m²) uso industrial

414,00

Explanación

12,00

Escolleira

13

36900A124103060000PE

44081509P

44077893A

585,06

Solo rústico (m²) uso industrial

68,31

Solo de núcleo rural (m²)

17,50

Escolleira

1.131,00

Explanación

14

36900A124003500000PX

76685258S

11.219,57

Solo rústico (m²) uso agrícola

34942401L

4.391,00

Solo rústico (m²) uso forestal

Hdros.

34533387Z

34556687S

 

15

36900A124002680000PG 

35230602F 

40,47

Solo rústico (m²) uso agrícola

24,00

Peche de maia (m²)

16 

36900A124002670000PY 

35230602F

912,88

Solo rústico (m²) uso agrícola

163,00

Peche de maia (m²)

17 

36900A124002660000PB 

35230602F 

921,66

Solo rústico (m²) uso agrícola

210,00

Peche de maia (m²)

18

36900A124002720000PQ

35215932V

43,21

Solo rústico (m²) uso agrícola

20

36900A124002590000PU

002208200NG39G0001TK

35258124K

1,00

Vivenda unifamiliar con terreo anexo, almacéns e negocio

22

36900A124002570000PS

002212000NG39G0001RK

35309376Y

1,00

Vivenda unifamiliar con terreo anexo, almacéns e piscina

24 

36900A124002960000PW

002209000NG39G0001RK

36900A124002950000PH

36900A124002980000PB

36900A124002990000PY

35318066W

35318067A

35303193X

35130340W 

1,00 

Vivenda unifamiliar con terreo anexo e almacén 

28 

36900A124003020000PQ

36900A124003000000PY

36900A124003010000PG

36900A124003570000PH

 

35240680B

35245241H

1,00 

Vivenda unifamiliar con terreo anexo, almacén e hórreo

32 

36900A124003030000PP

35180863V

35228767N

1,00 

Vivenda unifamiliar con terreo anexo, almacéns, baixos

comerciais e piscina

20-N

NEGOCIO

77413653J

1,00

Indemnización traslado de

negocio

32-N1

NEGOCIO

35317705D

1,00

Indemnización traslado de

negocio

32-N2

NEGOCIO

35305024R

1,00

Indemnización traslado de

negocio

32-N3

NEGOCIO

44077893A

1,00

Indemnización traslado de

negocio