Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (811/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 811/2018 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Ángel Daniel Vázquez García contra Hostelería Heroica, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Ángel Daniel Vázquez García, contra a entidade Hostelería Heroica, S.L., en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que o demandante foi obxecto con data do 13 de setembro de 2018, condenando a que a entidade Hostelería Heroica, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 43,56 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.874,96 €, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo mando e asino.

Asinado a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Heroica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza