Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27568

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data da
sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Santiago de Compostela, para a colaboración entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e o Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro.

200.000 €

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, os colexios oficiais de graduados sociais de Galicia, a Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de Xénero e da Prevención do Acoso e da Violencia de Xénero nas organizacións-Agaxen e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, para o acompañamento e asesoramento na xestión dos trámites administrativos así como no apoio socio-educativo que precisen as fillas e fillos orfos das vítimas mortais da violencia de xénero en Galicia.

0 €

2.1.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

50.000 €

4.2.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Galega de Innovación e a Entidade Provincia de Hispania da Orde de Predicadores para colaborar co financiamento dos gastos derivados da exposición A esencia do obxecto.

12.000 €

4.2.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Outeiro de Rei no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

6.2.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Campo Lameiro no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

6.2.2019

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a transformación e ampliación do proxecto LEX.GAL.

2.000 €

20.2.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Ourense para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

20.000 €

25.2.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

20.000 €

25.2.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña para o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero.

70.000 €

25.2.2019

Acordo polo que se dispón a achega da Xunta de Galicia a favor da Fundación Semana Verde de Galicia.

40.000 €

7.3.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en materia de protección civil, para dar unha resposta psicolóxica en emerxencias e catástrofes.

50.000 €

11.3.2019

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais.

0 €

11.3.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Esperanza Salnés.

15.000 €

12.3.2019

Convenio de colaboración en materia de formación continuada de xuíces e maxistrados entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia para o ano 2019.

25.000 €

14.3.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación de Solidaridad Amaranta para a posta en marcha e mantemento dun recurso de acollida en Ourense para mulleres que sofren violencia de xénero.

252.000 €

15.3.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o desenvolvemento para a execución do proxecto Mellora das capacidades da coordinadora para fortalecer ás ONGD galegas e promover obxectivos compartidos de mellora da política pública de cooperación ao desenvolvemento a nivel local e autonómico e de transformación social en Galicia.

90.000 €

18.3.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

2.000 €

27.3.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Culleredo para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

32.200 €

27.3.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Coruña para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

49.950 €

27.3.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ferrol para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

49.950 €

27.3.2019

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo para accións de protección civil e colaboración na prevención de riscos nos camiños de Santiago de Compostela.

0 €

3.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mos para a execución do proxecto denominado recuperación de área recreativa deportiva de Santiaguiño-Guizán.

36.300 €

8.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Monterrei para a execución do proxecto denominado Mellora da eficiencia enerxética da Casa do Concello.

60.000 €

8.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Melón para a execución do proxecto denominado mellora de saneamento en Penavaqueira.

30.000 €

8.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a posta en marcha dunha quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores, que sofren violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.

350.000 €

8.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero, e complementariamente a outras persoas da súa contorna familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.

337.039 €

8.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e asociacións de voluntarios de protección civil da Coruña en materia de protección civil.

5.500 €

10.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e asociacións de voluntarios de protección civil de Ourense e provincia en materia de protección civil.

5.500 €

10.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e asociacións de voluntarios de protección civil de Pontevedra en materia de protección civil.

5.500 €

10.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Lugo en materia de protección civil.

5.500 €

10.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no desenvolvemento dun concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a reforma interior e reorganización da ocupación do complexo administrativo de San Caetano.

10.000 €

12.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, a Xunta Xeral de Confrarías e Hermandades da Semana Santa de Ferrol e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2019.

10.000 €

12.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Lugo para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

49.950 €

15.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilanova para a adquisición de dous locais nas Sinas para centro de traballo da Brigada Verde.

108.900 €

17.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete.

50.000 €

23.4.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do máster universitario en Márketing, Consultoría e Comunicación Política.

0 €

23.4.2019

Convenio de colaboración entre Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Padrón en materia de protección civil.

7.000 €

24.4.2019

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no mes de decembro do ano 2018

Convenio

Importe €

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Fundacion Cotec para la innovacion e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para o desenvolvemento do proxecto: INNOVAIUS.LAB: creación dun espazo xurídico de innovación no sector público.

0 €

26.12.2018

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as deputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais.

2.252.250 €

26.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Capela no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Lama no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Peroxa no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ares no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Baños de Molgas no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Baralla no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Barro no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Boqueixón no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Carballedo no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Curtis no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Frades no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Lousame no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Maceda no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Paradela no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Petín no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Pontecesures no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Portas no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Riós no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sandiás no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sobrado no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilaboa no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilar de Barrio no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

9.500 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cerdedo-Cotobade no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

19.000 €

28.12.2018

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga) para a realización dun proxecto piloto de adaptación de sentenzas xudiciais a lectura fácil que se desenvolverá no Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela.

10.000 €

28.12.2018