Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27567

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR949A).

Advertido erro na resolución indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 98, do 24 de maio de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 25161, letra C), onde di:

«– Ter unha porcentaxe de entre máis do 20 % e o 30 % de deportistas femininas con licenza», debe dicir: «– Ter unha porcentaxe de entre máis do 20 % e o 30 % de deportistas femininas con licenza federativa: 5 puntos».