Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27617

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a/axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 29 de maio de 2019 o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificado pola Orde do 18 de marzo de 2019 (DOG núm. 57, do 22 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a/axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas en relación coas preguntas do cuestionario.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na resolución deste tribunal do 9 de abril de 2019 na cal, segundo o disposto na base II.1.2.10 da convocatoria, se establecen e se fan públicos os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, superaron este primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos, fixándose en 36,333 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na dita base da convocatoria.

Feita a corrección e de acordo cos criterios sinalados polo tribunal na dita Resolución do 9 de abril de 2019, superaron o primeiro exercicio un total de 509 aspirantes.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a/axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo «funcionpublica.xunta.gal».

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e para os efectos de exención da realización do segundo exercicio, os aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 2 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2019

Trinidad García García
Presidenta do tribunal