Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 33/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 33/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roque Luis Araújo Rey contra Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o quince de maio de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega en situación de insolvencia total por importe de 4.914,88 euros en concepto de principal (4.034,06 euros en concepto de salarios e vacacións non gozadas, 680,82 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET e 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 491,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Novas Gráficas, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza