Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 65/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número 65/2016 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Noelia Álvarez Gómez contra a entidade Latinos Bares Vilalba, S.L., sobre reclamación de cantidade por incumprimento contractual, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Estimo a demanda presentada por Noelia Álvarez Gómez, asistida pola letrada Sra. Novoa Cardín, contra Latinos Bares Vilalba, S.L., que non compareceu a pesar de constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a demandada a satisfacer á demandante a cantidade de 4.688,80 euros, que devindicará xuro moratorio do 10 %, impoñendo á empresa demandada as custas procesuais causadas, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante ata o límite de 600 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá xuntarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0065-16, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, que consignou no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0065-16, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro no primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario o Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento, que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Latinos Bares Vilalba, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza