De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada pola directora da Axencia de Turismo no enderezo do interesado sen que estas se puidesen realizar, notifícase a resolución á persona citada no anexo emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña da Consellería de Cultura e Turismo (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle que, de non comparecer, se lle dará por notificada.
Contra esta resolución poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguiente á súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 22 de maio de 2019
Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: Restaurante Gastro-bar Avelaiña.
Titular: Mónica Cambeiro Morán.
Enderezo: rúa Tras do Pilar, 7, baixo.
Concello: Santiago de Compostela.