Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non se puido efectuar. Por este motivo e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edicos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Persoa interesada: 33237805E.