Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2018/0179).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas cuxos datos se mencionan no anexo a resolución de desistencia e arquivamento ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expediente LU-2018/0179, porque non foi posible a notificación persoal aos interesados.

A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro do acto que se notifica, xunto co seu respectivo expediente, atópase á disposición das persoas interesadas, as cales poden consultalo na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser recorrida en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 13 de maio de 2019

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Orde do 11.1.2018)
Alejandro Fontela Pereira
Xefe do Servizo de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Núm. expediente

Persoa/s interesada/s

(NIF/NIE/pasaporte)

Acto que se notifica

LU-2018/0179

36582600L

FV344367

Resolución de desistencia e arquivamento