Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono industrial do antigo mercado.

A Xunta de Goberno local do Concello da Cañiza (Pontevedra), en sesión do 3.1.2019, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono industrial do antigo mercado.

En cumprimento do disposto no artigo 226 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a exposición pública durante o prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial da provincia e nun dos xornais de maior difusión, durante o cal os interesados poderán examinar o expediente nas oficinas xerais do Concello, localizadas na primeira planta do edificio sito na rúa Oriente, 11, así como presentar as alegacións, reclamacións ou suxestións que desexen, mediante escrito dirixido á Alcaldía.

Así mesmo, publícase para os efectos de legal notificación a aqueles afectados que puidesen resultar descoñecidos, en virtude do previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Cañiza, 13 de maio de 2019

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde