Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da subscrición dun convenio urbanístico de modificación de planeamento (artigo 166 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro).

No salón de plenos do Concello de Ordes asinouse, o 24 de maio de 2019, o texto inicial do convenio urbanístico entre José Luis Martínez Sanjurjo, na súa calidade de alcalde presidente do Concello de Ordes, e Álvaro Concheiro Varela, en nome propio e en representación das empresas Internaco, S.A. e Jumo Servicios Inmobiliarios, S.A., para levar a cabo a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación dun sector de solo urbanizable de solo industrial no lugar de Queirúa, Ordes.

De acordo co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o texto do convenio sométese ao trámite de información pública polo período dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

O texto íntegro do convenio pódese consultar na páxina web do Concello de Ordes na seguinte ligazón https://concello.ordes.gal/novas

Ordes, 28 de maio de 2019

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde en funcións