Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 900/2016).

Seguridade Social 900/2016

Sobre: seguridade social

Demandante: Natalia Fernández Barbazán

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandados: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Confecciones Busto Lope, S.L., Hampton, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal

Avogados: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, (…), Alba María Costoya Novo, letrado do Servizo Público de Emprego Estatal

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 900/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Fernández Barbazán contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Confecciones Busto Lope, S.L., Hampton, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Cédula de citación

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1

Asunto en que se acorda: seguridade social 900/2016

Persoa a quen se cita: Confecciones Busto Lope, S.L., como parte demandada

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de xuízo, e concorrer a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 6 de novembro de 2019, ás 10.10 horas, no andar baixo, Sala 3, edificio rúa Berlín, para a realización do acto de xuízo.

Prevencións legais

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, e continurao este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social para a súa representación–, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñer neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte solicitada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que teñan que practicarse nel e requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou solicitados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

5º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se convoca (artigo 183 da LAC).

6º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos consonte o disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, agás que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Confecciones Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza