Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo de cooperación transfronteriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, do contrato de obra para a monotorización das medidas de mellora que se van implantar nas estacións depuradoras de augas residuais de Augas de Galicia.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, dase publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na dita regulación, da seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade pública: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

2. Obxecto do contrato:

Título: monotorización das medidas de mellora que se van implantar nas estacións depuradoras de augas residuais de Augas de Galicia.

Clave do expediente: GA.18066.

CPV (referencia de nomenclatura): 71700000-5.

Orzamento base. Importe neto: 14.994,00 euros. Importe total: 18.142,74 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 14.980,00 euros. Importe total: 18.125,80 euros.

Empresa contratista: Ela Ingeniería y Medio Ambiente, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea: a actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do Programa operativo no eixe 3, Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais. Obxectivo temático 6, Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6F, Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica. Obxectivo específico OE6F, Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia