Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental (DIA) da concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa e Santiso).

En cumprimento do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, faise pública a modificación da declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa e Santiso) e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural
(https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/declaracions-de-impacto-ambiental) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural