Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 263/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 263/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nikol Dahiana Legro Barahona contra Silvia Lorena Guiarratan e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Parte dispositiva

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Nikol Dahiana Legro Barahona e a empresa Silvia Lorena Guiarratan, e condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 1.917,52 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, na data da presente resolución, así como a cantidade de 18.216,44 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Silvia Lorena Guiarratan, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza