Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 27116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 16 de maio de 2019, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017 da baixa dos establecementos indicados no anexo xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgotada a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 16 de maio de 2019

A xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
P.S. (Resolución do 29.3.2019)
María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Tasca As Meigas.

Signatura: V-PO-009518.

Razón social: Tasca As Meigas, C.B.

Domicilio: rúa Freixeiro, 1.

Concello: Meaño.

Establecemento: Ondesempre.

Signatura: V-PO-007613.

Razón social: Percigueiro, S.L.

Domicilio: Benito Corbal, 17.

Concello: Pontevedra.

Establecemento: Pizza&Kebab.

Signatura: V-PO-009460.

Razón social: Abdur Rouf Shipon.

Domicilio: Eduardo Pondal, 5.

Concello: Pontevedra.