Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 234/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número 234/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dalia Barrero Díaz contra a entidade Moi Bon Natal, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, foi ditada sentenza coa parte dispositiva seguinte:

«Estimando a demanda formulada por Dalia Barrero Díaz contra a empresa Moi Bon Natal, S.L.U. e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 2.612,08 euros, polos conceptos que se recollen no feito probado terceiro; ás devanditas cantidades seralles de aplicación unha recarga por demora do 10 % anual. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que puider incumbir ao Fogasa.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que é firme.

Así o pronuncio mando e asino por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais».

E para que sirva de notificación en forma a Moi Bon Natal, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza