Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (DOI 1038/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DOI 1038/2018, seguido por instancia de Paloma Fernández García contra Copicor, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a Sentenza 211/2019, do 24 de abril de 2019, en que se estima a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Copicor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza