Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública dos expedientes 1110/2019-1119/2019 de ordes de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela/s de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a/s notificación/s no/s domicilio/s que consta/n no expediente (por ausente ou descoñecido), faise pública a incoación de expediente/s de orde de execución polo estado de parcela, para comparecencia dos interesados.

Os interesados dispoñen dun plazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinaren o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, de ser o caso, para presentaren alegacións ou cualquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra este acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Nº expte.

Asunto

Propietario/titular catastral

Localización parcela

Concello

1110/2019

Parcela con ref. catastral 36005A045001390000TP, con maleza e árbores que incumpre faixa de protección a vivenda en Aboi, 38

Rey Martínez Delfina (hdros.)

Aboi, Santo André de Cesar

Caldas de Reis

1119/2019

Parcela con ref. catastral 36005A045004080000TI, con maleza e árbores, que incumpre faixa de protección a vivenda en Aboi, 38

Carmen Barros Barros

Aboi, Santo André de Cesar

Caldas de Reis

Caldas de Reis, 21 de maio de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente