Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de maio de 2019 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes de liquidacións de préstamos hipotecarios, por non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no

• Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo; Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

LU 04/701:6

33338018R

LU 83/400:42

33832674L

LU 83/400:42

33344134E

LU 83/400:42

33344136R

LU 83/400:42

33347596B

LU 83/400:42

33561259G

LU 83/400:42

BA257512

LU 83/400:42

33336465N

C 90/010:25

32765914E

C 90/010:25

79315665G

C 90/010:25

Comunidade hereditaria de María Ángeles Cheda Pérez

LU 93/400:42

Comunidade hereditaria de José Luis Pérez Besteiro

Acto obxecto de notificación :

Notificación (artigo 572 da Lei de axuizamento civil), da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer ningún recurso.