A Orde do 31 de maio de 2018 (DOG núm. 114, do 15 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V), establece na exposición de motivos que os créditos estimados na orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais e nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 y 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.
No artigo 2.5 da dita orde establécese que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
Con base nese artigo realizouse unha primeira ampliación recollida na Orde do 21 de novembro de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 31 de maio de 2018 (DOG núm. 226, do 27 de novembro).
Dado que o sumatorio do importe inicial e da primeira ampliación non é suficiente para o pagamento de todas as bolsas que as persoas beneficiarias solicitaron e ao existiren remanentes de crédito que poden ser utilizados para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 31 de maio de 2018, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.
Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único
Amplíase o importe total dos créditos destinados ás axudas que se concederán ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2018, nas seguintes contías e aplicación orzamentarias, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial, por un importe de 4.855,000 €.
Ano 2019 |
Aplicación |
Proxecto |
Importe |
Inicial |
09.41.323A.480.0 |
2013 00545 |
2.091.812 € |
1ª ampliación |
09.41.323A.480.0 |
2013 00545 |
2.758.000 € |
2ª ampliación |
09.41.323A.480.0 |
2013 00545 |
4.855.000 € |
Total |
9.704.812 € |
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria