Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se dá publicidade da sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais (expediente 2011/0022-0).

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta á empresa que se relaciona, pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, dáselle publicidade de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, sobre publicación das sancións nesa materia, e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Nome ou razón social da empresa: Construcciones Conde, S.L.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios residenciais (4121).

CIF: A36620524.

Domicilio social: Camiño Laxe, Sárdoma, s/n, 36214 Vigo.

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/200, do 4 de agosto. Incumprir as disposicións mínimas de seguridade e saúde no desenvolvemento da actividade e xerar un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Precepto legal infrinxido: artigos 14, 15, 16 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 3 e anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo.

Importe da sanción económica imposta: 60.000 euros.

Data de extensión da acta: 30.5.2011.

Data de firmeza da sanción: 12.2.2019.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería. Ademais, procederase á inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde. Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego