Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de aprobación provisional da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal denominada Aliñacións, espazos públicos e delimitacións nos núcleos de Quintáns, Texo, Os Muíños e A Famelga.

Aprobado inicialmente, por acordo do Pleno da corporación do 29 de abril de 2019, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal deste concello, denominado Aliñacións, espazos públicos e delimitacións nos núcleos de Quintáns, Texo, Os Muíños e A Famelga, neste termo municipal.

De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 2 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no DOG, o expediente tramitado poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vedra, 8 de maio de 2019

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde presidente